JALMA OIN S.L. dedicase á construcción en xeral: vivendas de todo tipo, sexan de pedra ou de tixolo, pasando por reformas interiores e exteriores, mantemento, conservación, ata a execución de naves industriais, desprendendo unha imaxe e calidade de acabados acorde cas exixencias ás que estamos obrigados nestos tempos. No referente a estructuras temos experiencia en varios tipos: de formigón armado, de aceiro soldadas ou atornilladas, de madeira natural ou laminada e prefabricados de formigón.

A empresa JALMA OIN S.L. está asociada a FREMAP, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 61 N.I.F. num.G-28/207017, para a cobertura das continxencias dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
   
A Ley 31/1995 do 8 de Novembro de Prevención de Riesgos Laborales establece os principios xerais para a protección da seguridade e saude dos traballadores motivo polo que JALMA OIN S.L. ten contratado en GADI o SERVICIO DE PREVENCION para a elaboración do Plano de Prevención de Riscos Laborais.

Fruto do esforzo que poñemos na calidade dos nosos traballos no ano 2003 a Federación de Empresarios do Barbanza premiounos co Dolmen de Ouro coma "exemplo de pequena empresa que na súa teoría do traballo antepón a calidade, a seguridade e as obrigas sociais ".

 
Visita n
Jalma Oin, S.L. - Lugar de Oín - Frións (Ribeira) - Telf. 981840446 - 629472113